Abrimos un novo espazo no corazón de Vigo coa mesma ilusión có primeiro Silabario, coa mesma inquietude e filosofía de seguir aprendendo e descubrindo eses sabores tan arraigados, e tan universais, ao mesmo tempo.
Ademais de gozar dunhas vistas espectaculares, poderedes viaxar no tempo, a través duns pratos saborosos, elaborados cos mesmos principios cá cociña tradicional pero empregando técnicas de vangarda. Unha cociña influenciada pola nosa situación xeográfica privilexiada que nos ofrece un produto de calidade, de primeira man, próximo e variado.
Ofrecemos unha cociña accesible e confortable, facilmente recoñecible polo imaxinario gastronómico pero con novos matices, cos que esperamos sorprendervos.

Tel. 986 077 363 | info@restaurantesilabario.com | Príncipe, 44. Vigo